Mantense a alerta vermella na costa con fortes ventos e mar de fondo

    temporalbarbanza.jpgBARBANZA> A peor parte do temporal centrouse no mar onde a xunta de Galicia decretou o máximo nivel de alerta que continuará ata o mércores.

    {flowplayer}barbanza/temporalbarbanzanovembro.flv{/flowplayer}

    A profunda borrasca que afecta a Galicia apenas deixou danos reseñables ó seu paso. As cuantiosas precipitacións e o vento, que arreciou con especial forza no litoral, tiveron as consecuencias habituais dos temporais deixando ó seu paso contedores tirados polo vento, árbores caídas e camiños anegados.

    Malia que permanecerán en alerta por mor de posibles complicacións, Protección Civil non deseñou un operativo especial ante este fenómeno meteorolóxico.

    Agárdase que a situación meteorolóxica non mellore ata o mércores. Mañá repetiranse as chuvias xeneralizadas e os fortes ventos que virán acompañados dun descenso térmico.

    Redacción Barbanza