VILAGARCÍA> Avanzan a bo ritmo os traballos para acondicionar o antigo solar da fábrica de Megasa. Esta semana os operarios retiraron as árbores para despexar a ampla zona que ocupará a nova superficie comercial de Alcampo.
Tras esta actuación e a instalación dunha caseta de obra, comezarán os traballos de urbanización e construción da propia nave que acollerá o hipermercado que a multinacional quere ubicar en Vilagarcía.
O proxecto tamén contempla a apertura dun vial que comunica coa parte posterior da finca e a rúa Xílgaro, para facilitar a circulación por toda a área. Ademais, crearanse prazas de aparcadoiro.
Actualmente, as obras e o proxecto contan con todos os permisos do Consello da Xerencia de Urbanismo do concello, polo que a data de apertura do novo Alcampo dependerá do avance dos traballos.
{gallery}/ano2017/02febreiro/116/alcampo{/gallery}