![]()
BARBANZA> O BNG presentará iniciativas nos catro concellos da comarca encamiñadas a manter as axudas da Xunta en materia educativa.
{flowplayer}barbanza/recorteseducativos.flv{/flowplayer}
O consello comarcal acordou o pasado venres a presentación desta moción na que se insta á Xunta de Galicia a manter as partidas das bolsas para os idiomas, as prácticas de formación profesional e os estudos universitarios que, segundo os nacionalistas, se reducen drasticamente.
Tamén se refiren ó mantemento das axudas ás ANPAS para xestión de servizos tan importantes como os comedores escolares e as partidas destinadas ó mantemento e conservación dos centros públicos para garantir a calidade do ensino.
Emendas
Ademais destas mocións, o BNG presentará unha serie de actuacións en materia educativa enmarcadas nas emendas ós orzamentos autonómicos.
Os nacionalistas consideran que o goberno pretende enmascarar os recortes baixo o pretexto da austeridade cando, din, se están a investir dous millóns de euros na tradución dos libros de texto do galego ó castelán.
Redacción Barbanza








