A Garda Civil de Boiro asume o servizo da policía local ante o alto número de baixas no corpo

BOIRO> A Policía Local de Boiro conta tan só cun axente en activo debido ó alto número de baixas laborais. Aínda así, dende o concello mandaron unha mensaxe de tranquilidade ás familias posto que o servizo está cuberto pola Garda Civil.

A policía local de Boiro atópase en cadro. Á progresiva merma da plantilla que se foi dando nos últimos anos engádese agora o elevado número de axentes que se atopan de baixa co que actualmente o servizo está cuberto tan só por un policía e dous auxiliares. Traballan en quenda de mañá os días laborables polo que o resto do tempo é a Garda Civil que asume as súas responsabilidades.

Malia que o servizo está cuberto, a situación do corpo dista de estar normalizada. Varios axentes manifestaron a súa intención de solicitar unha comisión de servizo para traballar noutros municipios. A este respecto, o alcalde aclarou que non existe ningunha petición formal que debe ser realizada polos concellos que reclamen os servizos dos axentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí