O Conchido queda sen contedores de lixo

    denunciaconchido.jpgPOBRA> Os veciños do Conchido denuncian a total falta de servizos neste núcleo. A retirada dos colectores do lixo foi a gota que colmou a súa paciencia.

    {flowplayer}barbanza/denunciavecinosconchido.flv{/flowplayer}

    Este pequeno núcleo de poboación, situado no límite co concello de Boiro, adoece dunha serie de servizos básicos. Os seus residentes levan anos demandando a reordenación do tráfico para evitar os constantes problemas que xera a circulación por estas angostas rúas. Precisamente esta foi unha das razóns que motivaron a retirada dos colectores de lixo posto que o camión non pode pasar para realizar a recollida.

    Os residentes queixánse do total abandono ó que os ten sometido o concello que din só se lembra deles para recadar impostos e o único que reciben a cambio é o recorte dos servizos.

    O grupo municipal do PSOE tense feito eco desta problemática en numerosas ocasións. Esta vez, volven instar ó executivo a garantir a recollida do lixo así como outros servizos que favorezan a fixación de poboación neste núcleo.

    Redacción Barbanza