CALDAS> Os viticultores enfocan os seus traballos nos viñedos principalmente a combater o Mildiu. As condicións meteorolóxicas están favorecendo que as viñas broten con máis antelacións que outros anos. Os técnicos aconsellan ter en conta o tempo, á hora de realizar os tratamentos, para protexer os viñedos.
A pesar de que está sendo un ano chuvioso, as temperaturas non está sendo baixas. Esta climatoloxía está a favorecer a brotacións dos viñedos. Aínda falta tempo para a etapa de floración pero as viñas xa mostran unha importante carga de uva.
Aínda é cedo para cuantificar que cantidade de uva podería chegar á vendima pero os acios xa están visibles.
O adianto da brotación obriga aos viticultores a adiantar os tratamentos dos viñedos. O mildiu é agora mesmo o principal inimigo.
Os traballos do chan nesta época están enfocados a cortar ou manter a vexetación para evitar insectos ou enfermidades que poidan acceder ao viñedo a través das herbas.
Nesta etapa de floración, o máis importante para os viñedos é a climatoloxía. Cunhas condicións atmosféricas favorables as viñas aumentarán os azucres e ácidos das follas, o que posteriormente condicionará o sabor das uvas.
Para favorecer ese desenvolvemento a climatoloxía está sendo a ideal. Os viñedos veríanse prexudicados con grandes variacións das temperaturas.
Pero todo o que favoreza o tempo podería verse perdido se os tratamentos non son bos. Por iso os técnicos aconsellan ter en conta as condicións atmosféricas para unha maior efectividade dos tratamentos.
A clave dos tratamentos reside en que as follas estean secas. Se se realizan os traballos fitosanitarios coas viñas molladas pérdese efectividade e o mildiu pode manterse, o que pode provocar que se acabe estendendo ao resto do viñedo. Por iso o importante é asegurarse de que a viña está seca para eliminar por completo a enfermidade.