Vilagarcía esixe a limpeza dos ríos para evitar as inundacións do 2006

    VILAGARCÍA> Vilagarcía agarda con preocupación a chegada das chuvias. O concello xa reclamou a Augas de Galicia que limpe o curso dos ríos, para evitar as inundacións que con frecuencia afectan á vila. Na memoria colectiva están os asolagamentos do 2006, unha situación que estivo precedida por unha vaga de incendios que afectou a toda a comunidade no mes de agosto.

     

    Ravella mira con preocupación a chegada das chuvias. Os incendios do mes de agosto e o mal estado dos cursos dos ríos, fan que o concello tema que as precipitacións provoquen inundacións en Vilagarcía.

    O goberno local aposta pola prevención; unha tarefa que correspondería a Augas de Galicia. Por iso xa solicitaron ao ente que actúe de maneira urxente para limpar o curso dos ríos.

    Hai unha década, as fortes chuvias do mes de novembro arrastraron as cinzas e os restos dos incendios que arrasaron os montes galegos no mes de agosto ata os ríos. Estes refugallos saturaron os cursos, que non foron quen de asumir as precipitacións. No seu encontro da semana pasada coa Conselleira do Medio Rural, Lino Mouriño pediu tamén que se actúe na limpeza dos montes.

    Dende Ravella urxen a Augas de Galicia a actuar, e reclaman que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias para evitar que se repitan as estampas que deixou o 2006 en Vilagarcía.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/inundacions_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/inundacions_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí