O terceiro premio do sorteo de Nadal deixa 500 mil euros no Grove

O sorteo da lotería de Nadal comezou cun dos gordos máis madrugadores da súa historia. Apenas se levaban 20 minutos de sorteo e aparecía o 26590 con 4 millóns de euros á serie. Un número que esquivaba á comarca do Salnés e a provincia de Pontevedra.

Houbo que agardar ata o quinto quinto premio para que a sorte se achegase á comarca. Foi co 74770. Un número vendido nas administracións unha e dúas de Vilagarcía de Arousa. A fortuna obsequiaba con 6 mil euros ao décimo.

A continuación viría o premio máis alto para a comarca do Salnés neste sorteo de Nadal. O 00750 deixaba no Grove 500 mil euros. Un número vendido en a través de 10 décimos e premiado con 50 mil euros cada un deles. O propietario da administración meca aseguraba que foron moitos os que rexeitaron o número por consideralo feo e que os décimos vendéronse nos últimos días.

Os seguintes grandes premios tampouco recaeron no Salnés. Foi preto do final cando o último dos quintos premios, o 81610 situaba a Sanxenxo entre os establecementos agraciados. Dous décimos de este número foron mercados na cafetería Gran Suqui.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí