Cambados pon os lentes morados polo 25N para ollar o mundo ‘con perspecitva de xénero’

CAMBADOS> Cambados reafirma o seu compromiso coa igualdade, coincidindo co 25N. Desta volta, o concello aposta por unha campaña en positivo, poñendo o foco na perspectiva de xénero, a través duns lentes morados. Haberá tamén un parladoiro cunha muller vítima da violencia machista e actividades cos centros educativos. Ademais, levarase a Pleno o novo Plan de Igualdade de Oportunidades

Cambados convínanos a poñe-los lentes morados para olla-lo mundo con perspectiva de xénero. Este é o eixo da campaña que impulsa o goberno local co gallo do 25N, Día Intenacional da Violencia contra as Mulleres. Desta volta, quixeron apostar por unha iniciativa ‘en positivo’.

Este novo enfoque busca sobre todo capta-la atencións da mocidade, para que tomen conciencia de que a violencia de xénero non é allea á ningunha xeración. A programación deseñada inclúe tamén varias iniciativas, contando tamén coa colaboración dos centros educativos da vila. Está previsto tamén un parladoiro cunha muller vítima da violencia machista.

A programación inclúe tamén unha caravana morada, que servirá de punto informativo e de divulgación.

Ademais, o goberno local levará ao pleno da vindeira semana o novo Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

A fachada da Casa do Concello será a gran protagonista dos actos do 25N. Sobre ela vanse pendurar todos estes carteis e os lentes morados, para convidando á reflexión a toda a veciñanza. O propio día 25, como vén sendo habitual, tamén se dará lectura diante do consistorio a un manifesto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí