SALNÉS> Os profesionais sanitarios vacínanse contra a gripe para estimular á veciñanza. Sanidade aconsella a toda a pobación que se sume a unha campaña de prevención que comezará a vindeira semana. Entre os grupos que máis preocupan atópanse as persoas con patoloxías crónicas, as embarazadas e os maiores de 65 anos.
Cada ano falecen na nosa comunidade e no noso país centenares de persoas por causa da gripe. Para prever esta enfermidade, Sanidade lanza unha nova campaña de vacinas contra este virus. A nova tempada comezará o vindeiro luns pero os profesionais adiantáronse unha semana para estimular á veciñanza.
E importante dar a vacina cada ano, xa que cada temporada a inxección cubre as posibles derivacións do virus da gripe.
Os grupos que máis preocupan so as embarazadas, as persoas con patoloxías crónicas e os maiores de 65 anos.
Sanidade ponse o obxectivo de vacinar ao 50% da poboación das áreas do Salnés e Pontevedra.