17 casas rurais da provincia de Pontevedra participan este ano no ‘Outono Gastronómico’

CALDAS> O Outono Gastronómico contará este ano con 17 casas rurais da provincia de Pontevedra. A iniciativa celebra este ano a súa décimo quinta edición, buscando a desestacionalización do sector. O programa ofrece distintos plans gastronómicos e escapadas de fin de semana. En toda Galicia, participan máis de 70 establecementos.

Torre do Río, en Caldas, é un dos 17 establecementos da provincia de pontevedra participan na decimo quinta edición do Outono Gastronómico. Trátase dunha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia que busca promociona-la oferta turística e gastronómica nesta época do ano.

O Outono Gastronómico abre un amplo abano de opcións, con posibilidade ou non de hospedaxe. Para establecementos como este de Caldas, o Outono Gastronómico tradúcese nun balón de osíxeno fóra da tempada alta.

Os menús que ofrecen as casas rurais polo Outono Gastronómico con exclusivos para este programa. Este ano, ademais, incluirán produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.