Embarcacións de todo o Arco Atlántico competirán na Regata Illas Atlánticas

O GROVE> O 18 e o 19 de agosto, o club náutico San Vicente do Mar volverá ser o anfitrión da Regata das Illas Atlánticas para barcos clásicos e de época. A cita cumpre a súa undécima edición, consolidándose como a proba máis importante destas características. Demostrando que a mestura de deporte e cultura, funciona.

O entorno marítimo do Parque Nacional Illas Atlánticas será o escenario dunha regata única. O Club Náutico San Vicente do Mar prepara a décimo primeira edición da súa novena regata Illas Atlánticas, dirixida a barcos clásicos e de época.

A base da cita será o Porto de Pedras Negras. Os días 18 e 19 de agosto desprazaranse ata alí barcos chegados de diferentes puntos de Europa, atraídos pola riqueza da regata.

Esta característica da proba foi tamén destacada polo alcalde de O Grove. Para José Antonio Cacabelos, a regata Illas Atlánticas é unha exitosa mestura de cultura e deporte.

De xeito paralelo á proba, a organización abrirá un concurso fotográfico que estará aberto a todos os que desexen participar.