O BNG esixe unha solución urxente para o ‘parquing’ do centenario

    bngribeiraparquing_copia.jpgRIBEIRA> Os nacionalistas consideran que a deficiente xestión da empresa adxudicataria do servizo é razón suficiente para retirarlle a concesión.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiraparquing.flv{/flowplayer}

    O BNG de Ribeira vén de denunciar o deficiente funcionamento deste aparcadoiro soterrado ubicado en pleno casco urbano. Con esta queixa faise eco tamen do malestar de moitos usuarios destas instalacións que dende hai tempo veñen sufrindo importantes recortes no servizo por parte da empresa. Ademais das innumerables deficiencias que presenta o parquing, entre as que se atopan as filtracións de auga, a escasa limpeza ou mesmo un corte de luz por falla de pago dun recibo que levou a manter pechado o aparcamento durante varios días, os nacionalistas reclámanlle ó executivo a importante débeda que empresa arrastra co concello dende o ano 2008 e que se achega ós 60 mil euros.

    Retirada da concesión

    A propia voceira nacionalista sinalou que as deficiencias detectadas sumadas á debeda pendente co concello, son razóns máis que suficientes para que se lle rescinda a concesión á empresa.

    Redacción Barbanza