Máis de 130 nenos disfrutan do verán nos campamentos de conciliación de Ribeira

RIBEIRA> O verán é tempo de lecer e xogos Iso sábeno ben os cativos que participan nos campamentos de conciliación que o concello de Ribeira volveu poñer en marcha este verán tras dous anos de parón pola covid.

En total, 130 pequenos asisten ós talleres que se imparten diariamente nas instalacións do colexio O Grupo onde non falta a imaxinación, a creatividade e as ganas de pasalo ben.

A concelleira de Cultura quixo achegarse ata os campamentos para coñecer algunha das actividades que desenvolven os pequenos como este mural pola diversidade no que, ademais de divertirse, adquiren valores como o respecto e a tolerancia.

Ata o momento, a experiencia non pode ser mellor. Así nolo contan os seus protagonistas que teñen claro que non hai mellor forma de pasar o verán.