Pobra ofertará novos cursos de risoterapia e musicoterapia

POBRA> O concello e o centro sociocomunitario da Pobra volven poñer en marcha o programa de envellecemento activo. Ofertaranse cursos de risoterapia e musicoterapia, dúas disciplinas moi efectivas para frear o deterioro cognitivo.

A aposta da Pobra por un envellecemento activo non é nova. Hai anos que o centrosociocomunitario organiza cursos para os maiores nos que a estimulación cognitiva e o exercicio físico promoven un estilo de vida máis saudable. Desta volta ofertaranse dous cursos de musicoterapia e risoterapia, dúas modalidades con beneficios sobradamente acreditados.

O éxito desta convocatoria en anos anteriores obrigou ó concello a incrementar o orzamento para ampliar o número de prazas.

Os cursos darán comezo o 26 de marzo e estarán divididos en dous semestres.Os interesados xa poden inscribirse no propio centro sociocomunitario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí