BOIRO> O seu nome unirase este luns ós doutros represaliados que figuran no monolito da rotonda de Cimadevila.
Como vén facendo dende hai dezaoito anos, o BNG de Boiro celebrará este próximo luns 17 de agosto, na rotonda de Cimadevila, o Día da Galiza Mártir. O acto serve de homenaxe ós mártires e represaliados durante a Guerra Civil. Este ano honrarase a memoria de Bautista Torrado Ribadulla, executado en 1.937 en Santiago, con tan só vinte anos.
Os nacionalistas fan un chamamento á veciñanza a participar neste acto que terá lugar ás oito e media da tarde na rotonda de Cimadevila
No acto está prevista tamén a intervención de Manuel Monje, sociólogo e ex-presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.