Extrugasa e Celta Indepo mídense no cuarto derbi da temporada

VILAGARCÍA> O Extrugasa recibe mañá en Fontecarmoa ó Celta Indepo no que será o primeiro derbi ligueiro da temporada. Ambos equipos chegan á cita arrastrando unha xeira negativa de dúas derrotas consecutivas. Nas vilagarciáns é dúbida a base Begoña García.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_191110.flv{/flowplayer} 

Primeiro derbi galego do ano en liga. Cuarto da temporada en total. Nos outros tres o Celta Indepo levouse dúas axustadas victorias en partidios amigables e o Extrugasa gañou no único encontro oficial, adxudicándose a Copa Galicia. Precedentes que serven de pouco pola categoría dos partidos e porque os momentos de forma dun e outro equipo son ben diferentes. O que quedou claro nesas citas é a igualdade existente entre ambos equipos. Agora mesmo só lles separa unha victoria na xeral, en favor das vilagarciáns.

Se cadra o Extrugasa chega nun mellor momento. As últimas dúas derrotas foron ante dous dos galos da liga, e as de Tito Díaz deron a cara. Todo o contrario que un Celta que perdeu hai quince días por 24 ante Hondarribia e semana pasada sucumbiron por 35 na casa fronte ó Mann Filter. 

Perigoso por dentro e por fóra o Celta posúe grandes xogadoras tanto na pintura como no xoga exterior. 

No Extrugasa estaba tardando en chegar a primeira lesión. A primeira damnificada, Begoña García, que non estará ó 100% para o choque do sábado. 

O que sí estará en perfectas condicións para o partido será o propio pavillón de Fontecarmoa, onde se agarda unha das mellores entradas da temporada.

Redacción Salnés