A ILLA> A Illa de Arousa converteuse este luns no epicentro da loita contra narcotráfico na Ría de Arousa. Na vila, a Fundación Galega contra as drogas realizou o seu acto de conmemoración do día mundial contra as drogas. Na praza do Regueiro, decenas de persoas xuntáronse para asinar un cartel mostrando o seu rexeitamento aos estupefacientes.
O día 26 de xuño está dedicado mundialmente á loita contra as drogas. Unha data sinalada para a Fundación Galega Contra o Narcotráfico que dedica este día á concienciar á veciñanza sobre a importancia de rexeitar as drogas. O acto deste ano tivo lugar na Illa de Arousa. Na que decenas de veciños se achegaron para escoitar a lectura do manifesto e asinar unha pancarta.
Dende a fundación sinalan que estes actos son importantes para que a xente non esqueza as consecuencias das drogas e o narcotráfico.
Dende a Illa destacan a importancia destes actos en concienciar á poboación e especialmente, á mocidade.
No manifesto, fíxose unha síntese da situación actual do narcotráfico, analizaron as actuacións feitas no último ano pola fundación e a estratexias do futuro. Dende a fundación tamén sinalaron que casos como o narcosubmarino que chegou a Vilaxoán demostran que o tráfico de drogas aínda está moi presente e que non se pode baixar a garda.