Sanxenxo na historia presentará este ano dous libros nunha nova edición das súas xornadas

SANXENXO> Sanxenxo celebrará do 29 ao 31 de agosto as xornadas Sanxenxo na Historia. No salón de actos do Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán terán lugar durante eses días diferentes coloquios nos que se porá en valor o patrimonio, a natureza e o pasado da vila. Ademais presentaranse dous libros: ‘Camiño de Lenda’ e ‘Mulleres de Palabra’.

Sanxenxo volverá a poñer en valor a súa vila coa celebración das xornadas Sanxenxo na Historia. O evento cultural, organizado pola asociación Aelos, permite analizar a través da escritura e de diferentes coloquios o patrimonio cultural, a natureza e o pasado da vila.

Sanxenxo na historia presentará este ano dous libros. Un deles é ‘Camiño de Lenda’. Escrito por Rafael Fontoira, trata sobre as diferentes historias e lendas do Camiño de Santiago.

O outro dos libros é Mulleres de Palabra. Escrito por Marcelino Agís trata sobre catro grandes escritoras galegas adiantadas ao seu tempo e cun perfil feminista. Elas son Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Sofía Casanova e Emilia Pardo Bazán. Esta última moi ligada a Sanxenxo.

Ademais nas xornadas entregarase o premio de honra a Victoriano Andrés Otero pola súas escrituras pero tamén pola súa labor solidaria.

Tanto os coloquios que se celebrarán cada día como as presentacións dos libros terán lugar na sala de actos do Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí