‘Só Sanxenxo e Salvaterra cumpren os requisitos de Mitsubishi’

    mitsubishi_sanxenxo copia.jpgSANXENXO> Os responsables do polígono aseguran que levan máis de tres meses realizando xestións con Xunta e enxeñeiros xaponeses.

    {flowplayer}images/salnes/MITSUBISHI_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Nin Vilanova, nin Pontevedra. Segundo o presidente da Xunta de Compensación do parque Manuel Barbeito, a candidatura do parque empresarial de Sanxenxo é a que se atopa en primeira liña de saída por detrás de Salvaterra.

    Hai máis de tres meses que os responsables do parque sanxenxino presentaron a súa proposta e a documentación requirida ós enxeñeiros de Mitsubishi, xestións realizadas en todo momento coa mediación da consellería de Industria. Segundo explica Barbeito, nese primeiro contacto, os expertos de Mitsubishi desprazáronse ata o parque empresarial para coñecelo. Quedaron conformes coa proposta, excepto en dous detalles: dos 200.000 metros cadrados de superficie cha que precisan, 100.000 estaban no polígono de Sanxenxo e outros 100.000 nunha parcela lindante do concello de Meaño. Os enxeñeiros requiren que todo o terreo esta unido, clasificado como solo industrial, e se lonxe dun regato que pasa próximo á parcela de Meaño. Modificouse a proposta para axustarse a estas demandas e presentouse de novo.

    ‘Responsabilidade e sensatez’

    Barbeito pide ‘responsabilidade e sensatez’ a tódolos axentes implicados e que se están a manifestar nestes días. Corrobora, como xa fixo o mércores o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán, que tamén a el lle pediron máxima discreción nas negociacións, pero non soubo atinar quen pediu esa discreción. E iso é precisamente o que máis está a desconcertar. Non se sabe se foi a Xunta ou os enxeñeiros de Mitsubishi, nin sequera cal era a finalidade dese segredismo: se que os medios de comunicación no se enteraran destas xestións, ou máis ben que os propios concellos cos que se estaba a negociar non souberan dos traballos dos outros.

    Redacción Salnés