A centola véndese a 17 euros o primeiro día da campaña

    centola_100.jpgO GROVE> Hoxe abriuse a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra, agás na reserva de Lira onde agardarán unhas semanas…

    {flowplayer}images/salnes/inicio_centola.flv{/flowplayer}

    … máis para abrir, ó entender que neste lugar tarda un pouco máis en encher este animal. O balance deste primeiro día non respondeu ás expectativas agardadas: en lonxas como as do Grove ou Cambados din que o producto que colleron no entorno desta ría de Arousa, ata as proximidades de Sálvora é de moita calidade pero o que fallou foi a cantidade.

    No que todos coinciden é que o mercado está ansioso por poder degustar este producto típico da ría logo de tanto tempo, especialmente para as próximas festas, co que a demanda está asegurada.

    O problema nesta especie de aquí ó Nadal adoita ser as importantes variacións nos prezos, polo que os representantes do sector xa están a falar de pactar uns copos de capturas diarias por embarcación.

    Redacción Salnés