CALDAS> A Xunta organiza no monte Xiabre, en Caldas e Vilagarcía, un simulacro de incendio de nivel 2. O obxectivo da actuación foi desenvolver e coordinar a resposta dos diferentes corpos implicados. Na simulación participaron máis de 100 efectivos.
Cada ano prodúcense en Galicia máis de 1000 incendios. Nos últimos cinco anos o lume arrasou máis de 50 mil hectáreas de monte. No pasado ano rexistrouse unha baixada importante con 2600 hectáreas queimadas pero no que vai de ano a cifra xa é superior á do 2018. Para prepararse ante posibles situacións de emerxencia a Xunta organizou en Xiabre un simulacro de incendio forestal de situación 2.
Na simulación recreouse un incendio real acontecido hai 3 anos. Neste exercicio participaron máis de 100 efectivos co obxectivo de comprobar a coordinación entre os diferentes corpos implicados.
Nos incendios de nivel 2 é necesaria a participación da administración do Estado.
Dende a Xunta aseguran que reforzaron os medios para loitar contra os incendios.
A actuación foi un éxito e o simulacro deuse por finalizado as 13:30 horas. A pesar diso, os representantes de ambas administracións esperan non ter que activar situacións como esta neste verán.