O Porto de Vilagarcía conta cun novo guindastre que triplica a capacidade de carga dos actuais

VILAGARCIA> O porto de Vilagarcía continúa co seu crecemento e adquire unha nova grúa que triplica a capacidade de carga das elevadoras actuais. A nova infraestrutura, mercada pola consignataria PyJ Carrasco, permitirá á compañía reducir considerablemente o tempo de descarga dos buques. O bo facer do Porto e das consignatarias permitiu a entidade aumentar nun 30% as materias movidas con respecto a xaneiro do pasado ano.

O porto de Vilagarcía alcanzou o pasado ano o seu récord de mercadorías movidas superando o millón e medio de toneladas. A pesar deste éxito, os estibadores non se acomodan e continúan investindo en melloras portuarias. A última adquisición, da consignataria PyJ Carrasco é unha nova grúa que triplica a capacidade de carga das elevadoras actuais.

Esta redución dos tempos das descargas permitirá que os buques aforren custos, o que aumentará a calidade do Porto de Vilagarcía.

Ademais, esta grúa ten un radio de 50 metros o que permite traballar con buques máis grandes.

O Porto de Vilagarcía volveu a rexistrar este mes unhas cifras récord, superando nun 30% o movemento de materias con respecto a xaneiro de 2021. Este éxito é grazas ao traballo conxunto da entidade portuaria e das consignatarias.

Estas cifras consolidan, outro ano máis, o crecemento do porto de Vilagarcía. Uns datos que permiten tanto á presidencia do porto como ás consignatarias ter unhas expectativas moi boas para este 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí