Rías Baixas recolle 39 millóns de quilos na segunda vendima máis abondosa

SALNÉS> A deste ano xa aparece nos rexistros da Denominación de Orixe Rías Baixas como a segunda máis abondosa da historia. Con máis de 39 millóns de uva recollida, só vese superada pola do 2011, cando se acadaron os 42 millóns. No que si é a primeira é na súa duración. Esta foi a vendima máis longa de Rías Baixas xa que, animados polo bo tempo, viticultores e técnicos prolongaron a recollida, buscando o momento óptimo para que a uva entrara nas adegas. Falamos con Agustín Lago, director técnico do Consello Regulador.