400 nenas e nenos de Ribadumia gozaron cunha xornada de exhibición de deportes

RIBADUMIA> Educar en valores a través do deporte. Con este obxectivo o concello de Ribadumia celebrou a súa 3 exhibición de deportes da vila. Máis de 400 nenos e nenas de 3 a 7 anos gozaron coñecendo ata 8 modalidades deportivas.

O concello de Ribadumia, coa colaboración do CRA de Ribadumia e o colexio Julia Becerra, organizou a terceira exhibición de deportes da vila. Máis de 400 nenos e nenas de idades entre os 3 e os 7 anos gozaron dunha clase de iniciación en 8 modalidades deportivas. Unha aposta do concello para formar en valores aos máis pequenos a través do deporte.

A exhibición tamén sirve para dar a coñecer aos máis pequenos, deportes menos coñecidos.

Na xornada formaban parte 8 disciplinas deportivas: fútbol, tenis, tenis de mesa, pole dance, baloncesto, ioga, capoeira e atletismo.

Monitores, nenas e nenos gozaron dunha xornada  na que probaron e aprenderon as diferentes particularidades de cada disciplina deportiva. Unha festa do deporte á que se sumaron os membros do equipo de goberno, incluído o alcalde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí