Os autónomos de Valga, convocados a un cribado para frear os contaxios

VALGA> O Sergas realizará nos próximos días un cribado entre o colectivo de autónomos de Valga. Sanidade atende, así, unha das peticións que lle trasladou o goberno local para tratar de frear os contaxios de coronavirus no municipio.

Este novo cribado chega despois do realizado nas dúas últimas semanas entre os empregados das principais empresas asentadas en Valga.

Agora, son os autónomos do municipio os chamados a participar neste cribado, onde serán sometidos ás probas PCR.

O persoal municipal xa se está a poñer en contacto cos autónomos valgueses a través do teléfono para recompila-los seus datos e facerllos chegar ó Sergas.

Con todo, este proceso está a resultar complicado. Dende o Concello piden ós autónomos e aos seus traballadores que aínda non reciban esta chamada, que se poñan en contacto coas oficinas municipais no caso de que queiras ser sometidos ás probas.

A situación en Valga segue a ser complicada, aínda que nos últimos días a situación mellorou lixeiramente. Agora mesmo, na localidade achéganse ós 140 casos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí