![]()
VILAGARCÍA> A sesión plenaria de novembro volveu amosar a falta de entendemento entre a corporación. Só dúas mocións conseguiron o apoio unánime.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA_NOVEMBRO10.flv{/flowplayer}
Os votos en contra de Partido Popular, Esquerda Unida e Ivil evitaron onte a suba nas taxas que pagan os veciños polo subministro de auga potable e pola depuración de augas residuais. A moción, presentada polos partidos do goberno local, recollía un incremento dun 0,5% na factura da auga e un 1,68% no caso das residuais. Segundo a oposición, esta suba é impensable en tempos de crise, un argumento que tamén se empregou para botar abaixo o incremento dos prezos polo uso das instalacións deportivas municipais.
Pero non foron só as propostas presentadas polo concello as que non conseguiron apoio. A moción do Partido Popular para a solicitude da declaración da Festa da Ameixa de Carril como festa de Interese Turístico Galego, caeu polos votos en contra do goberno e a abstención de Esquerda Unida. O argumento empregado foi que a festa xa conta co recoñecemento de Interese Turístico Nacional.
Ó final da sesión, só a solicitude da Bandeira Azul para as praias da Concha e Compostela e a declaración de Especial Interese e Utilidade Pública as obras de reforma do interior do edificio da Fundación Lar Pro Saúde Mental en A Laxe, que se dotarán de uso residencial e reeducador para menores con problemas, conseguiron o apoio unánime da corporación.
Redacción Salnés







