Multitudinaria concentración en contra da Pousada da Lanzada

    MANIFESTACION_POUSADAcopy.jpgGROVE> A comisión veciñal reiterou a súa oposición á construción da Pousada e argumetaron que só se só piden un dereito histórico.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_POUSADA_LANZADA.flv{/flowplayer}

    Cincocentas persoas segundo a organización e duascentas segundo fontes policiais foron as persoas que participaron onte na concentración seguido dunha marcha ata o antigo Sanatorio de O Grove para oporse á Pousada que a Deputación quere construír nas instalacións.

    Como colofón ó acto varios membros da comisión veciñal leron un manifesto no que repetiron os seus argumentos que os levan a estar en contra deste proxecto. Aclararon que o único que piden é un dereito histórico.

    Á concentración tamén acudiu o alcalde da localidade e varios membros da corporación municipal. Entre outras cousas, outros dos veciños destacou que non están en contra da construción dunha Pousada senón á súa ubicación porque consideran que sería o fin do Obradoiro de Hostalería que se desenvolve nas instalacións. Por iso, tenderon a man para axudar a buscar unha alternativa. 

    Segundo informaron nas últimas semanas este ía ser o último acto de protesta. Pero onte informaron que nos vindeiros días entregarán na Deputación as sinaturas recollidas e que non descartan a convocatoria de novas accións reivindicativas.

    Redacción Salnés