A Mancomunidade do Salnés centra a súa estratexia promocional nas rutas peregrinas do Salnés

SALNES> Ademais de como alcaldesa de Meis, Marta Giráldez tamén respondeu ao alcalde de Vilanova como presidenta da mancomunidade. Pide a Durán que asuma que xa non é o presidente da mancomunidade e que deixe de boicotear o ente comarcal, no que se inclúen os concellos do seus compañeiros populares.

A alcaldesa de Meis tamén quixo responder ao alcalde vilanovés como presidenta da Mancomunidade do Salnés. Marta Giráldez pediulle a Durán e ao presidente da asociación Presume de Vilanova que se informen antes de acusar. E recordoulle ao popular que xa non é o presidente da mancomunidade e que deixe de falar como representante do ente comarcal.

A presidenta da Mancomunidade explicou que todas as promocións que están facendo dende o ente comarcal teñen como eixo á variante espiritual é á ruta do Padre Sarmiento.

A mancomunidade xa traballa no coidado e na promoción das rutas en vistas ao Xacobeo 2021. Todas as estratexias pasan por poñer en valor as dúas rutas que transcorren polo Salnés. O ente comarcal xa levou accións neste sentido como a elaboración dun novo vídeo promocional, a elaboración dun convenio con Arousa Norte para recibir peregrinos do norte de Europa que veñan a vela e acordos co consorcio do Salnés.

Tanto a presidenta como o xerente da mancomunidade aseguran que as rutas xa están limpas e preparadas para o tránsito de peregrinos. Ademais Marta Giráldez rematou engadindo que por moito que o intenten non van a conseguir que os peregrinos non visiten a Armenteira, e desexou o mellor para os concellos do Salnés porque o que beneficie a un, beneficiará a todos.