O concello aproba a modificación de crédito grazas a EU e Altenativa Meca

    PLENO_GROVEcopy.jpgGROVE> O Partido Popular abstívose das votacións trala negativa de que as partidas se votasen por separado.

    {flowplayer}images/salnes/RESTO_PLENOS.flv{/flowplayer}

    O tripartito conseguiu no pleno de onte sacar adiante a modificación de crédito que permitirá ó concello pedir un préstamo de un coma cinco millóns de euros para destinar a diferentes infraestruturas como poden ser o pavillón de deportes ou un centro de día.

    O apoio de Alternativa Meca e de Esquerda Unida foi clave para que este punto da orde do día saíse. Pero a sesión non estivo exenta de reproches e críticas. O voceiro de Equerda Unida, Xan Lamelas destacou que non estaba de acordo con algunhas das partidas propostas para o préstamo coma por exemplo a realizacio´n dun estudo para valora a mellor ubicación do centro de día. Tamén propuxo blindar a partida destinada ó pavillón.

    Aida Filgueira, voceira de Alternativa Meca aludiu á responsabilidade política para apoiar esta iniciativa.Pola súa parte, o voceiro do PP pediu votar as partidas por separado para dar o seu voto a favor do pavillón. Ó ser rexeitada a proposta abstívose da votación.

     Pleno Sanxenxo

    En Sanxenxo tamén se celebrou onte un pleno. Entre a orde do día atopábase a aprobación do convenio con Acuanorte que a penas suscitou debate. Foron as mocións as que contribuíron a que a sesión se prolongase.

    O partido socialista centrouse en temas locais como o proxecto da PO 308 e o BNG optou por mocións xenéricas sobre o canón dixital, o Noitebús e a situación da sanidade pública. Pola súa parte, o partido popular sacou adiante o apoio ó Plan de Xestión Integral para a conca do río Umia.

    Por último aprobaron outra moción na que pedían a eliminación da violencia de xénero e sumáronse á condena das mortes nos campamentos saharauis.

    Redacción Salnés