![]()
GROVE> A pesares destes resultados, os hostaleiros da localidade meca son optimistas de cara a ponte da Constitución.
{flowplayer}images/salnes/BALANCE_CENTOLA.flv{/flowplayer}
O mal tempo, a época do ano na que nos atopamos e a crise son os argumentos que máis se escoitan entre os hostaleiros de O Grove con respecto á escasa afluencia de xente que se achega estes días ata a vila. A pesares de que desde o pasado vinte e nove de novembro están en marcha a oitava edición das xornadas gastronómicas da exaltación da centola son poucos os visitantes que viaxan ata a O Grove para disfrutar deste marisco.
Centola cocida, croquetas con centola, empanadillas ou arroz con centola son algúns dos pratos que se poden degusta nos máis de trinta establecementos que colaboran este ano. Para eles a calidade prezo é inmellorable. Por iso, son optimistas e agardan que o balance sexa moito máis positivos ó remate das xornadas.
Os hostaleiros animan a todos os que o desexen se acheguen ata O Grove esta fin de semana para degustar un prato de Centola.
Actividades e sorteos completan estas xornadas da exaltación da centola de O Grove que rematarán o vindeiro oito de decembro.
Redacción Salnés









