![]()
RIBEIRA> O Xulgado do Contencioso Administrativo vén de fallar a favor de Juan Mosquera no conflito sobre a retirada dun posto do mercado municipal.
{flowplayer}barbanza/denunciajuanmosquera.flv{/flowplayer}
Un ano e medio despois de iniciar a batalla legal contra o concello, a xustiza vén de darlle a razón a Juan Mosquera. En xullo de 2009, a administración local retiráballe un dos postos que ata o momento viña explotando no mercado municipal. Era o colofón a un cúmulo de sancións por non axustarse á normativa esixida e cumprir co horario de venda.
Defecto no procedemento
Agora, a resolución do contencioso administrativo, se ben recoñece os feitos imputados, anula a resolución do executivo posto que foi adoptada segundo a ordenanza municipal sobre mercados, que data do 1986, non amparada pola lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local .
Mosquera defende que si cumpre tódolos requisitos esixibles para vender peixe no mercado municipal. Pola contra, insta ó concello a velar polo cumprimento da normativa de hixiene e seguridade así como pola legalidade na contratacións dalgúns empregados.
Posibilidade de recurso
O concello dispón dun prazo de quince días, dende a notificación da sentenza, para recorrela. Os servizos xurídicos estudan arestora as posibles medidas a adoptar.
Redacción Barbanza









