O Salnés asinará un convenio temático na súa conquista do turista chinés

CAMBADOS> Gonzalo Pita volve de China cos obxectivos cumpridos. O representante da Mancomunidade do Salnés fixo un balance moi positivo da acción promocional no país asiático, coa súa participación no Foro Internacional. Agora o ente xa traballa nun obxectivo: asinar un convenio de colaboración temático cunha cidade chinesa.

Gonzalo Pita volveu de China coa sensación do traballo ben feito. O Delegado de Turismo da Mancomunidade aproveitou a apretada axenda da súa viaxe ata o xigante asiático para manter encontros con autoridades e distribuír o material promocional do Salnés.

Ademais de repartir o material promocional, Pita volveu á comarca con dous compromisos que axudarán a fomentar o turismo chinés en O Salnés: a visita dunha delegación do país e a sinatura dun convenio temático cunha cidade chinesa.

Hai dous anos que a Mancomunidade fixou o seu interese no mercado do turismo chino. Tralo seu paso polo Foro de Turismo, Pita sinala que Galicia é un destino descoñecido para o mercado asiático, polo que botan de menos accións nas que a Xunta tome a iniciativa.

Para a Mancomunidade, o turismo chinés é atractivo polo seu elevado gasto, que acada os 2.600 euros por persoa e día, e porque facilitaría a desestacionalización da oferta turística.