CAMBADOS> A Xunta presentou este xoves novos detalles da nova rede de residencias que se vai construír en Galicia. En todo o territorio prevese a craeción de 25 novos centros, con máis de 1.800 novas prazas.
Ademais da de Ribeira, contémplanse 12 lotes repartidos por Galicia, cunha residencia de máis de 100 prazas e outra máis pequena, situada nun concello próximo á grande para optimizar recursos. No caso do Salnés, o proxecto inclúe un lote: o equipamento principal en Sanxenxo e outra de menor tamaño, denominada ‘satélite’ en Cambados.











