David Castro: ‘As eleccións colocaron no seu sitio ás formacións que fixeron política de crispación’

RIBADUMIA> En Ribadumia, o PP recupera a alcaldía da localidade aínda que o rexedor seguirá sendo o mesmo. David Castro seguirá á fronte do goberno local, agora como líder dos populares e mantendo a maioría absoluta. O alcalde promete cordialidade e lealdade ás formacións que sentarán no pleno a partir do 17 de xuño, entre elas, Xuntos, partido do que forman parte críticos do PP.

David Castro manterá nas súas mans o bastón de mando de Ribadumia catro anos máis. É alcalde dende 2015, aínda que ata o momento liderando a candidatura de Indepententes. As siglas son, precisamente, o único que mudaron. Os vindeiros catro anos este concello estará gobernado polo PP, aínda que o alcalde seguirá sendo o mesmo. As urnas déronlle a Castro unha nova maioría absoluta, resultado que celebra como ‘o mellor para o municipio’.

Para Castro non é a primeira maioría absoluta. No 2019, con indepentendes, xa se fixera coa súa primeira. Di que para manter este resultado o que hai que facer é traballar sen descanso.

No 2019, a suma de concelleiros de Indentes e o PP era de once concelleiros. O 28M, o PP quedou con sete. Castro cre que o resultado é bo e que os veciños non castigaron a xogada política que rematou coa súa fichaxe no Partido Popular.

No Pleno ribadumiense sentará de novo o PSOE, agora con tres concelleiros, e cadanseu edil de Somos, do BNG -que volve á escena política municipal- e Xuntos, unha formación que naceu hai escasas semanas composta en boa medida por críticos do PP. O alcalde di tenderlles a man para que sexa un mandato tranquilo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí