A Xunta presenta en Vilagarcía a campaña de promoción do comercio

    anaruamontseprado_100_120307.jpgVILAGARCÍA > A directora xeral de comercio Ana Rúa, e a delegada en Pontevedra da consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, presentaron…

    …hoxe en Vilagarcía a campaña de promoción, Comercio galego, as cores da rúa. Con ela, preténdense incentivar as compras no comercio de proximidade.

    A Directora xeral de Comercio, Ana Rúa presentou hoxe en Vilagarcía a campaña de promoción do comercio que se está a desenvolver nestes meses de febreiro e marzo. O obxectivo, segundo afirmou Rúa, é o de incentivar as compras no mal chamado pequeno comercio, xa que son estes establecementos os que dan vida ás vilas. No marco desta campaña mañá pola mañá as rúas de Vilagarcía acollerán unha animación que tentará promocionar este tipo de comercio.ascoresdarua_200_120307.jpg

    Os piares básicos desta campaña son a posta en marcha dun marco lexislativo, que segundo a delegada en Pontevedra de Innovación, deu un primeiro paso coa elaboración da lei de horarios; as achegas ós concellos para incentivar o urbanismo comercial das vilas; e o fomento do asociacionismo. Neste senso, a Consellería destinou nun ano e medio 350 mil euros ás agrupacións comerciais de O Grove, Sanxenxo, Cambados, Vilanova e Vilagarcía.

    Nese empeño por legalizar as prácticas dos establecementos comerciais, Montserrat Prado valorou as medidas que se están a tomar en relación á situación de ilegalidade na que traballan os tradicionais furanchos.

    Redacción Salnés