O Decubal acada unha vitoria máis e segue líder

fotodecubalcopia.jpgMEAÑO> Venceu na casa ó Pabellón de Ourense por vintecinco a dezaoito. Ós de Meaño mantéñense líderes e preparan xa a visita a Moaña desta fin de semana.

{flowplayer}images/salnes/Balonman091210.flv{/flowplayer}

O partido mantivo a que está a ser a tónica deste equipo nesta tempada, sobre todo cando se trata de xogar na casa.

O Decubal saíu dominando dende o arranque e xa antes do descanso cunha vantaxe de sete no marcador, se podía adiviñar o final.

Aínda que os locais non tiveron a súa mellor tarde e o seu xogo non brillou como noutras ocasións non tiveron problemas para acadar a vitoria e manterse así á cabeza da táboa. Destacando sobre todo a actuación de Santi en defensa e dun omnipresente Charli na portería.

Ó Pabellón pasoulle factura a ausencia de Vara, o extremo é o seu máximo realizador e dende logo a principal preocupación dos locais que viron como coa súa falta a súa superioridade se vía aínda máis acentuada.

Na segunda metade os ourensáns saíron moito máis agresivos aínda que a estratexia non lles saíu ben e as súas continuas infraccións foron castigadas polos árbitros con exclusións.

A superioridade numérica permitiulle ó Decubal acadar a maior renta do encontro, 20 a 10, aínda que despois se relaxaron demasiado e o Pabellón aproveitou a falta de tiros a portería por parte do seu rival para iniciar una tímida reacción que lles permitiu baixar a diferencia no marcador.

Con esta vitoria os meañeses reafirman o seu liderato na clasificación, liderato que tratarán de manter o vindeiro fin de semana en Moaña.

Redacción Salnés