Novas mobilizacións por parte de CC.OO e UXT

    MANIFESTACION_CCOOcopy.jpgSALNÉS> A primeira será mañá na que os delegados sindicais se concentración en Vigo. O vindeiro 18 haberá outra manifestación na cidade.

    {flowplayer}images/salnes/MOBILIZACIONS_CCOO.flv{/flowplayer}

    Despois da folga xeral do pasado 29 de setembro, continúan as mobilizacións por parte das plataformas sindicais arousáns ante o que definen, unha falta de reposta, por parte do goberno central. Para iso, desde CCOO confesaron que seguen coa campaña de información polas empresas. Din é posible outra política económica e social que non incremente o paro e non conxele as pensións.

    Por iso, convocaron para mañá unha mobilización en Vigo á que asistirán os delegados sindicais ás dez e media da mañá. Ademais convocaron unha manifestación para o día dezaoito para a cal facilitarán autobuses a tódolos traballadores do Salnés que queiran asistir tanto desde Vilagarcía como desde O Grove. Desde esas localidade sairán autobuses ás catro e media da tarde parando polas principais vilas da comarca.

    Adiantaron que as mobilizacións continuarán despois do nadal. E non descartaron unha nova folga xeral para o mes de xaneiro.

    Redacción Salnés