O Grove decidirá entre varios proxectos sobre o peirao

    portos_b_copy.jpgO GROVE> O ente público Portos de Galicia presentou esta tarde-noite no Grove as tres alternativas que propón este departamento autonómico para remodelar a dársena meca.

    {flowplayer}images/salnes/porto_do_grove.flv{/flowplayer}

    A esta xuntanza explicativa asistiron representantes dos distintos sectores implicados, como son a corporación municipal, usuarios, armadores, asociacións, hostaleiros e outros sectores de O Grove.

    Eles serán agora os que teñan que decidir entre as tres opcións propostas. En primeiro lugar, a creación dunha dársena náutico recreativa exterior cun ancho de 228 metros de lonxitude e diversas superficies en terra para os distintos usos mantendo uns 27.000 metros cadrados para usos pesqueiros e 130 metros de peiraos. A segunda opción contempla a dársena recreativa no interior do porto, coas mesmas medidas de ancho e peiraos, aínda que a superficie en terra para usos pesqueiros aumentará ata os 32.000 metros cadrados.

    A terceira proposta considera tamén a dársena náutico recreativa no interior pero coa particularidade de que se trasladaría a actividade de descarga de mexillón ao porto de Meloxo co que se eliminaría o tráfico pesado no núcleo urbano. Neste caso, a dársena reduciría o seu ancho ata os 170 metros mantendo os 130 metros de peiraos.

    Redacción Salnés