A CXT pide ó TSXG que anule o auto que decreta o peche de Alfageme

    cxt copia100.jpgVILAGARCÍA> O sindicato manterá reunións cos actores implicados e anunciou novas mobilizacións.

    {flowplayer}images/salnes/CGT_ALFAGEME_DECEMBRO.flv{/flowplayer}

    Segundo o sindicato, o recurso presentado o pasado venres conta con razóns xurídicas, económicas e sociais suficientes para conseguir que o Tribunal Superior de Xustiza anule o auto do xuíz do mercantil de Vigo, un auto que hai algo máis dun mes decretaba o peche de Alfageme e a extinción da relación laboral de toda a plantilla.

    E é que a CXT insiste na existencia dun fraude como causa da situación que actualmente vive Alfageme. Esta operación estaría encabezada por Promalar, a construtora que no 2007 mercou os catro centros de traballo da conserveira coa intención de, segundo o sindicato, facerse cos solares e instalacións e prescindir dos traballadores.

    Por outra banda, a CXT tamén procurará conseguir entrevistas cos diferentes actores que participan no proceso que afecta Alfageme. Representantes da propia empresa, institucións financeiras implicadas e responsables sociais e políticos da comarca, forman parte desta listaxe, que tamén inclúe á Xunta.

    Ademais destas medidas, o sindicato anunciou novas mobilizacións durante o mes de xaneiro.

    Redacción Salnés