Durán acusa ó Consorcio de manipular as palabras do Conselleiro

    GONZALO_DURAN__copy.jpgVILANOVA> O alcalde informou que a licenza de construción a dá o concello e a de apertura a ten que conceder a Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DURAN_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que a pasada semana o Presidente do Consorcio de Comercio do Salnés puxera en dúbida a rotundidade do alcalde de Vilanova con respecto á construción do centro comercial, este sábados Durán compareceu ante os medios de comunicación para aclarar o que considera unha manipulación das palabras do Conselleiro de Industria. O alcalde recordou que Javier Guerra estaba no Consello da Xunta onde se aprobou a modificación puntual que permite a construción da superficie.

    Ademais, explicou na Comisión de Urbanismo onde se aprobou por unanimidade a modificación había representación da Consellería de Industria. e engadiu que a licenza que hai que pedir á Xunta é a de apertura dos establecementos xa que a de construción a outorga o concello.

    Segundo o alcalde de Vilanova, o presidente do Consorcio só ven a prexudicar ós comerciantes e que non debería seguir no cargo.

    Por último, Durán non se esqueceu dos grupos da oposición ós que acusou de instigar a moción que se presentou no Parlamento de Galicia o pasado venres. O alcalde acusou ós voceiros do BNG e PSOE de Vilanova de xogar co futuro das familias da vila.

    Redacción Salnés