Vilanova leva a cabo unha reforma para mellorar as sendas peonís do Terrón

VILANOVA> Vilanova realiza melloras na senda peonil do Terrón. O concello acondicionará a zona para aumentar o paseo e construír un parque infantil. As obras xa están en marcha e rematarán en dúas semanas.

O concello de Vilanova presume das súas sendas peonís. Para poñelas en valor son conscientes de que teñen que estar en perfectas condicións. Por elo, o goberno municipal está levando a cabo unha intervención nos terreos máis próximos á pasarela do Terrón.

Dende  o concello sinalan que a ruta é moi utilizada polos veciños tanto en verán como inverno, por iso estes traballos mellorarán a comodidade da veciñanza da vila.

A senda que será mellorada forma parte do Camiño de Santiago. Unha ruta de vital importancia no concello e polo que o goberno continuarán realizando diferentes melloras.

A obra ten un custo de 20 euros e a previsión é que estea rematada en dúas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí