O historiador Vila Fariña xa ten a súa praza en Vilanova de Arousa

VILANOVA> En Vilanova tivo lugar hoxe unha emotiva homenaxe. O consistorio dedicou unha praza no municipio ao historiador José Luís Vila Fariña no que estiveron presentes familiares e veciños da localidade.
Moita expectación en Vilanova esta mañá. Nas inmediacións do cemiterio da vila o concello quixo dedicar unha praza a este vilanovés. No acto no que estiveron presentes familiares e amigos, tamén estiveron representantes da corporación municipal. O alcalde sinalou o acordo unánime a hora de outorgar esta praza a este persoeiro local.
Deste xeito dáselle recoñecemento a labor de este importante escritor e historiador vilanovés, que falecía hai xusto un ano aos 63 anos.