A depuradora de Caldas de Reis estará lista no vindeiro ano

    CALDAS DE REIS > Esta mañá o delegado provincial de medio ambiente, Juan Francisco Froján visitou as obras da depuradora de augas residuais do concello  de Caldas de Reis. O proxecto, moi demandado en toda a Comarca, mellorará a calidade das augas do río Umia permitindo un saneamento total o seu paso por este concello.

    Fai anos que o Concello de Caldas de Reis demandaba a administración autonómica unha depuradora de augas residuais para evitar os vertidos ó Río Umia. Unha obra moi necesaria que rematará no curso do vindeiro ano, deste xeito o Delegado provincial de medio ambiente,  Juan Francisco Froján, acudía a comprobar o bo desenvolvemento das obras.

     

    O alcalde de Caldas, estaba moi satisfeito ó ver que  esta actuación tan importante para o  desenvolvemento sostible da comarca, será unha realidade dentro duns meses. Unha depuradora, que en definitiva mellorará a calidade das augas de todos os veciños. O río Umia quedará saneado na súa totalidade coa construcción da depuradora de Moraña, as actuacións de saneamento en Cuntis e a mellora do abastecemento deste leito  o seu paso por Vilagarcía.

     

    As actuacións para a mellora da calidade das augas do río Umia rematarán co estudio hidrobiolóxico que se desenvolverá dende a Universidade de Vigo.

    Redacción Salnés