Os comerciantes protestan polo peche ó tráfico de dúas rúas o 24 e 31

    zona_aberta copia.jpgVILAGARCÍA> O concello explica que cortan a circulación de Conde Vallellano e Arzobispo Lago para evitar atascos.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Segundo relatan os directivos de Zona Aberta, hai uns días a Policía Local de Vilagarcía repartiu entre os comerciantes das rúas Conde Vallellano e Arzobispo Lago, uns folletos nos que lles informaban de que mañá e o vía 31 de decembro pecharían estas vías ó tráfico.

    Os motivos esgrimidos desde o concello foron primeiro a necesidade de reorganizar a circulación por mor da celebración do tradicional mercadillo de Nadal, e logo, evitar atascos. Tamén lles parece preocupante que só se lles notificara ós comerciantes das rúas afectadas, por considerar que os demáis comercios e establecementos de hostalería da cidade se verán afectadas pola medida.

    Redacción Salnés