Visitamos unha xoguetería para descubrir que lle piden os nenos das Rías Baixas a Papá Noel

VILAGARCÍA>  Papá Noel ten por diante unha longa noite de traballo. Esta noite vai repartir ducias e ducias de agasallos, tamén entre os nenos e nenas das Rías Baixas. Nas xogueterías, estes días previos á Noiteboa foron un ir e vir de xente, por iso de botarlle unha man a Papá Noel. Nós estivemos nunha tenda de Vilagarcía para coñecer cales son os xoguetes máis demandados entre os pequenos.

Papá Noel xa ten todo a punto para repartir ilusión entre os máis pequenos. Á súa casa de Laponia xa foron chegando nas últimas semanas as cartes dos nenos e nenas de todo o mundo, incluídos os das Rías Baixas. Este ano, como sempre, as peticións son do máis variadas. Con todo, o máis demandado Beyblade e a boneca Bellie Beth.

Como ven tamén nisto dos xoguetes os tempos cambian moi rápido. Este ano, neste establecemento tamén están detectando unha volta ó xoguete máis convencional, afastándose o máximo posible das novas tecnoloxías, que tanta dependencia xeran na rapazada.

Dende hai xa uns anos, a distinción por sexos dos xoguetes tende a menos por parte daqueles que os piden. Por sorte, cada vez é máis habitual que os nenos queren xogar roles tradicionalmente femininos e viceversa.

Nas xogueterías  tanto Papa Noel como os Reis Magos son bos clientes, cunhas vendas equilibradas entrambas citas. Con todo, a nosa tradición segue a ter un peso destacado por riba das importadas.

A campaña do Nadal a máis importantes no sector. Durante estas festas as xogueterías fan o seu particular agosto. E iso, a pesar dunha ameaza cada vez máis forte: as vendas a través da internet.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí