O Concello de Poio vai a pola bandeira verde

    Unha campaña de concienciación cidadá e creación de puntos verdes, serán as principais bazas que empregará o Concello de Poio para revalidar o galardón Bandeira Verde. O alcalde Luciano Sobral presentou hoxe as bases do proxecto que están a preparar para defender a súa candidatura como concello sostible.

    O Concello de Poio volverá a presentar unha nova candidatura para renovar o galardón Bandeira Verde, que xa recibiu o ano pasado, e que certifica o seu coidado medioambiental. Para iso, contratouse a asistencia da consultora Promociones Turísticas Salnés. Na segunda quincena deste mes iniciarase unha campaña para difundir o significado da Bandeira Verde e seguir incidindo na recollida selectiva. Neste proceso repartiranse 300 carteis, tres mil polidípticos e cinco mil pegatinas.

    Na súa candidatura, o concello destacará os niveis de recollida dos diferentes residuos, con máis contedores por habitante do recomendado e con ratios de producción de residuos e de reciclaxe por riba da media galega. Tamén se fará fincapé na humanización de espazos, como os acondicionamentos da Seca ou do entorno do cemiterio de Combarro, na alta porcentaxe de cumprimento no saneamento e abastecemento de auga. O concello tamén destaca a súa adesión á Axenda 21 Local. En canto ós casos de vertido ocorridos este verán, o alcalde sinala que xa están solucionados e que non deberían incidir nesta campaña.

    Redacción Salnés