O conselleiro de Cultura visita Cortegada para impulsar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

    A Xunta de Galicia confía no éxito da candidatura do Parque Natural das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade. O conselleiro de Cultura visitou esta mañá a illa de Cortegada, unha das integrantes do parque, acompañado polo alcalde de Vilagarcía, ó que lle entregou a documentación sobre o avance da candidatura. Iso sí, o proceso podería prolongarse ata sete anos. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, JOsé Manuel Cores Tourís, o director do Parque Nacional Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, visitou esta mañá a Illa de Cortegada, en Vilagarcía, co obxectivo de trasladar ó alcalde da localidade, Alberto Varela, a documentación e avanzar sobre a candidatura do Parque como Patrimonio da Humanidade. Román Rodríguez asegurou que ten moi ta confianza en que consiga entrar nesta prestixiosa lista. O alcalde destacou a valor histórico e paisaxístico de Cortegada. Cortegada, Ons, Sálvora e Cíes, son os arquipélagos e illas que conforman o parque. Precisamente, ó alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, manifestou a súa crítica a esta candidatura, cando eles levaban varios anos lanzando a das Illes Cíes, de forma individual. Estamos ante o primeiro paso do proceso, a inclusión na candidatura, tal e como explicou o conselleiro, na súa totalidade o consecución do nomeamento podería chegar dentro de sete anos. O conselleiro realizou unha visita á illa de Cortegada, ubicada na parroquia de Carril, onde a Consellería vai acometer unha obra de rehabilitación na capela para estabilizar os muros e recuperar as pedras da bóveda. Na actuación, que está apunto de ser adxudicada, investiránse un total de 20.000 euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí