A mancomunidade inaugura o seu 10º plan integrado de emprego tras realizar máis de 800 contratos

A ILLA> A mancomunidade do Salnés presenta o seu décimo plan integrado de emprego. Mediante este proxecto, 100 desempregados formaranse en diferentes campos e cunha atención personalizada buscando a inserción laboral. A media de contratos conseguidos co emprega Salnés supera o 90%.

A mancomunidade do Salnés deu comezo a unha nova edición dun dos seus piares de actuación, o programa integrado de emprego. Un plan de formación onde 100 alumno adquiren coñecementos a través de diversos cursos co obxectivo de acadar a inserción laboral.

O programa integrado de emprego desenvólvese coa colaboración da xunta de Galicia. Grazas a este plan, os participantes reciben unha atención personalizada e individualizada para aumentar as súas posibilidades de atopar emprego.

A mancomunidade colabora tamén coas empresas para coñecer as necesidades do mercado, permitindo que moitos dos participantes realicen as prácticas nas propias compañías. O catálogo de cursos é amplo e variado en numerosos campos profesionais, dende empregos tradicionais ata novas tecnoloxías. Esta forma de traballo permite que a inserción laboral supere o 90% en cada edición.

Con esta edición, a mancomunidade cumpre dez anos realizando o obradoiro de emprego. Unha década na que se formaron máis de 800 alumnos, se tramitaron máis de 13 mil ofertas laborais e se conseguiron 820 contratos.