Unha carpinteiría metálica estrea o viveiro industrial de Cambados

CAMBADOS> Cambados xa ten inquilino para unha das naves do seu viveiro industrial. O concello recibiu a solicitude dunha carpinteiría metálica para instalarse neste equipamento do polígono de Sete Pías, o primeiro que entra en funcionamento na comarca de O Salnés.

O viveiro industrial do Polígono de Sete Pías deixará pronto de estar baleiro. O concello de Cambados xa recibiu a solicitude dunha empresa de carpinteiría metálica para ocupar unha das súas naves, que se axusta ás súas necesidades.

Ata o de agora, os requisitos que impón a Xunta para acceder complicaron que as empresas se instalaran no que é o primeiro viveiro industrial de O Salnés. Ter menos de seis meses de antigüidade, ter domicilio social en Cambados e trasladarse aos dous anos, son as condicións.

Por estes servizos, só terían que aboar un aluguer que oscila entre os 350 e os 550 euros ao mes. Unha fórmula que se une a outras que xa puxeron en marcha tamén no polígono de Sete Pías para fomentar o emprendemento.

O concello centra agora os seus esforzos en dar a coñecer estas opcións, que xa publicitan na pantalla web instalada na casa consistorial e a través dos servizos que ofrecen para o emprego, como a orientadora laboral.